terça-feira, 20 de outubro de 2009

Candidatura da Proposta Militante á Dirección Nacional de Galiza Nova


1-Noa Presas Bergantiños

22 anos. Ourense. Estudante de Filoloxía Galega en Compostela. Foi responsábel local dos CAE e de Galiza Nova en Ourense, onde participou no Consello local do BNG. Membro do Consello Nacional do BNG e da Dirección Nacional de Galiza Nova.

2-Laura Arjonilla Cristóbal
21 anos. Estudante de Ciencias Políticas. Responsábel de Galiza Nova en Compostela e membro do Consello Local do BNG. Participa no movemento feminista e no movemento asembleario estudantil universitario.

3-Breixo Lousada Valdés
26 anos. Sindicalista e deseñador gráfico. Nacido na Coruña, onde foi responsábel comarcal de Galiza Nova, actualmente milita en Vigo. Membro da Dirección Nacional de Galiza Nova. Foi membro do Consello Comarcal do BNG na Coruña e en Pontevedra.

4-Francisco Cortez-Lobão Sineiro
21 anos. Compostela. Estudante de xornalismo. Activista no movemento estudantil. Foi responsábel do Comité de Ciencias de Comunicación da USC dos CAF. Membro da Dirección Comarcal de Galiza Nova en Compostela.

5-Antía Fernández Miraz
21 anos. Lugo. Estudante de Dereito. Responsábel de Institucional dos Comités no Campus da Coruña e membro do seu Consello Nacional. Responsábel de Organización de Galiza Nova na Comarca de Lugo-Centro.

6-Laura Rodríguez Pena
23 anos. A Coruña. Estudante de Historia da Arte en Compostela. Militante de Galiza Nova na Coruña. Participa do movemento feminista (MMM) e no movemento asembleario estudantil na universidade.

7-Tirso Fernández Rodríguez
19 anos. Ourense. Estuda 2º de Filoloxía Galega en Compostela, onde participa nos Comités. Participou nos CAE en Ourense.

8-Macías López Iglesias
23 anos. Muros-Noia. Estudante de Enxeñaría Informática na Coruña, onde participa do movemento estudantil nos Comités. Foi responsábel comarcal de Galiza Nova.

9-Vítor Pérez Bugarín
20 anos. Tui. Responsábel Comarcal de organización e prensa no Baixo Miño. Estuda Enxeñaría Química en Compostela.

10-Sila Cela Ferreiro
20 anos. Lugo. Estuda Comunicación Audiovisual en Pontevedra, onde participa nos Comités. Responsábel da Asemblea de Mulleres de GN na Comarca de Lugo-Centro.

11- Roi López Carmona
24 anos. Pantón. Estudante de Relacións Laborais e labrego. Responsábel Comarcal de Galiza Nova en Lugo-Sur. Activista cultural e integrante dunha banda de música tradicional.

12-Rubén Guerra Domínguez
25 anos. Manzaneda. Responsábel da Subcomarca de Galiza Nova de Terra de Trives-Caldelas. Promotor do deporte tradicional galego.

13-Pedro Ortueta Bermejo
21 anos. Compostela. Estudante de Historia. Participa no movemento estudantil na USC.

14-Olalla Conde Seoane
19 anos. Ourense. Estudante de Educación Social no Campus de Ourense, onde participa nos Comités. Foi responsábel comarcal da Asemblea de Mulleres. Activista do feminismo e do deporte de base.

15-Antón Castro Ferreiro
21 anos. Pontedeume. Estudante. Responsábel dos Comités en Lugo. Membro da Asociación Cultural “Treme a Terra” de Pontedeume.

16-Nuria Fernández Iglesias
24 anos. Ourense. Militante de Galiza Nova e do BNG de Ourense.

17-Anxo Sánchez García
20 anos. A Coruña. Estudante de Informática na Coruña. Foi Secretario Xeral dos CAE, actualmente participa no movemento estudantil nos Comités, onde é o responsábel do comité do seu centro. Colabora tamén en diversos movementos sociais da Coruña.

18-Luis Miguel Borrajo Gutiérrez
23 anos. Maceda. Diplomado en Turismo. Participa da Asociación Cultural O Pipote e en asociacións deportivas de base. Actualmente traballa en Ogrobe.

19-Xulio Fernández Carnero
29 anos. Melide. Traballador do SLG. Foi responsábel comarcal de Galiza Nova na comarca da Montaña.

20-Adelaida Vidal Vizcaia
23 anos. A Coruña. Licenciada en Arte Dramática. Actualmente traballa como actriz.

21-Iria Cobaleda Couto
29 anos. Vigo. Traballa no sector de telemarketing e estuda enxeñaría técnica industrial.

22- Xulio Paramos Vicente
29 anos. Tomiño. Responsábel Comarcal de finanzas no Baixo Miño. Traballa no sector de telemarketing.

23- Alba García Golmar
27 anos. Lugo. Veterinaria. Foi Responsábel de Campus dos CAF en Lugo. Directiva da Asociación Cultural Cultura do País, de Lugo.

24- Luis Enrique Yáñez Estévez
28 anos. Celanova. Responsábel da Subcomarca de Celanova. Actualmente remanta os estudos de Enxeñería Técnica en Industrias Agrarias. Aux. Técnico de Topografía Electrónica. Participa da Asociación Xuvenil “Novo Ar”. Membro da Comisión de Montes de Trasportela (Gomesende).

25- Xosé Emilio Vicente Caneda
29 anos. Pontevedra. Xornalista. Membro da Direción Nacional de Galiza Nova. Foi Secretario Xeral de Galiza Nova e membro do Consello Nacional do BNG.


Suplentes:

1-Ximena Mariel González Ataide
29 anos. Ourense. Nacida na Arxentina, filla dun emigrante galego. Estuda Arquitectura Técnica na UDC, onde foi responsábel de campus dos CAF. Membro da Dirección Nacional de Galiza Nova e é Responsábel de Organización da organización xuvenil Isca!. É activista cultural en Ourense e participa na Marcha Mundial das Mulleres.

2-Roberto Rodríguez González
28 anos. Ourense. Traballador Social. Foi concelleiro do BNG en Ourense. Responsábel Comarcal de Galiza Nova e membro do Consello comarcal do BNG. Participa do Centro social A Esmorga e na CIG.

3-Galaaz Vaamonde Polo
21 anos. Responsábel comarcal de Vigo. Estuda o Grao en Ciencias Politicas e da Admon.na USC. Foi Responsábel Nacional de Organización dos CAE e responsábel local en Vigo. Colabora no Foro da Mocidade de Vigo e participa do movemente estudantil.

4-Iago Figueiras Rodríguez
23 anos. Lousame. Responsábel comarcal de Muros-Noia. Estuda Enxeñaría Técnica en Obras Públicas na Coruña, onde participa nos Comités.

5-Miriam García Rivero.
26 anos. Foi responsábel local de Galiza Nova en Vigo. Estuda Traballo Social en Compostela.

6-Ilda Blanco González
28 anos. Licenciada en Bioloxía e Mestrado en Enxeñaría ambiental. Actualmente traballa no ensino medio. Foi responsábel dos CAE e membro da Dirección Nacional de GN. Participa no Centro social A Esmorga.

7-Francisco Pichel Contra
25 anos. Compostela. Licenciado en Ciencias Políticas, actualmente fai o mestrado en Estudos Internacionais na USC, onde participou no movemento asembleario estudantil.

8-Jessica Beiroa Fernández
26 anos. Compostela. Traballou como xornalista en diversos meios e actualmente é a responsábel de comunicación do Movemento polos Dereitos Civís. Forma parte do Conselho da Associaçom Galega da Língua (AGAL).

9-Carlos Artur González Taboada
27 anos. A Montaña. Licenciado en Historia, actualmente traballa na hostalaría. Foi Responsábel de Campus dos CAF en Compostela.

10-Carme Baz Alonso
22 anos. A Guarda. Estudante de Terapia Ocupacional.

11-Marcos González Pérez
22 anos. Ogrobe. Estuda Enxeñaría en Informática na Coruña. Participa nos Comités no seu centro e en Galiza Nova do Salnés.

12-Sandra Otero Díaz
24 anos. Sober. Participa na Asociación Cultural O Castro.

13-Bernal Rúa Fernández
25 anos. Pontevedra. Traballador do audiovisual na FESGA-CIG, video-activista, participa do asociacionismo cultural de base en Pontevedra, así como en iniciativas comunicacionais na rede galega.

14-Diego Santório Moscoso
28 anos. Vigo. Traballa como enxeñeiro. Estudou na Coruña, onde participou dos CAF e foi responsábel de organización do campus.

15-Antón Somoza Caxato
29 anos. Lugo. Investigador da USC-Departamento de Historia Contemporánea e de América. Foi Concelleiro do BNG en Lugo e Responsábel Comarcal de Galiza Nova en Lugo Centro. Directivo da Asociación Cultural Cultura do País.