segunda-feira, 12 de outubro de 2009

Que defendemos? Un decálogo


1. Unha Galiza Nova plural e profundamente democrática: Apostamos pola integración das correntes organizadas, e en particular da militancia independente, en organismos democráticos, con predominio dos colexiados sobre os executivos, debates amplos e corresponsabilización.


2. Unha Galiza Nova soberanista: A actuación diaria non pode facernos perder o horizonte, senón que ten que incardinarse no obxetivo común do movimento nacionalista, a liberación nacional, concretada na formación dun Estado proprio, sen concesións a integracións fraudulentas nun marco ilexítimo e inxusto.


3. Unha Galiza Nova de esquerdas: Galiza Nova debe converterse nun referente de esquerda transformadora que loite pola liberdade, a democracia, o progreso social e a paz, para facer fronte ao capitalismo e ao neoliberalismo, que convirte ás persoas en medios de reproducción da miseria e a explotación á vez que destrúe a natureza. Debemos traballar ao lado do pobo galego e por unha nova sociedade.


4. Impulso ao asociacionismo: Defendemos o impulso e participación de ferramentas de autoorganización xuvenil das que moita da nosa militancia xa fai parte por todo o país, fundamentais para contribuir a tecer unha rede asociativa que, desde a base, cuestione os alicerces do actual sistema e afortale as nosas posturas transformadoras.


5. Unha organización de masas: debemos abordar os problemas reais da mocidade e actúar con incidencia real, sen conformarnos co xa conseguido, ampliando notabelmente a nosa base social, militante e simpatizante.


6. Defendemos un feminismo combativo, no que se incorporen as distintas aportación dos diversos modos de entendelo, posibilitando que a Asemblea de Mulleres sexa o espazo onde as mozas de Galiza Nova debaten e comparten as súas visións sobre o feminismo.


7. Recuperar o internacionalismo, xa que a solidariedade cos pobos que loitan hoxe en todo o planeta polo dereito a existir con dignidade debe ser unha prioridade da nosa organización, que debe concienciar a mocidade galega da necesidade e importancia de apoiar os pobos que construen alternativas ao capitalismo, que resisten contra o imperialismo e a ocupación ou que loitan, coma nós, por se dotar dun Estado propio.


8. Galiza Nova debe funcionar como escola de formación do nacionalismo xuvenil, e portanto debe potenciar o coñecemento das diferentes figuras, loitas e realidades ligadas ao soberanismo a á esquerda mundial, divulgar entre a militancia textos formativos, elaborar cadernos, realizar xornadas periódicas, sempre desde um modelo baseado no debate aberto entre a militancia e non apenas no adoctrinamento de arriba a abaixo.


9. Galiza Nova manterá a súa autonomía a respeito da fronte e modulará un discurso específico para dirixirse á mocidade, xa que, mantendo a lealdade co BNG, non teñen porque ser idénticos.


10. Sen renunciar ao avanzo nas instituicións, útil e mesmo imprescindível, non debemos caer no institucionalismo, senón subordinar este campo de loita ao avanzo do proxecto político no seu conxunto, utilizándoo como tribuna de combate para a superación do sistema, e investindo as forzas de xeito prioritario na organización popular.